• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello
Turismo
Festa do Pulpo

A FESTA DO PULPO PRESÉNTASE EN FITUR COMO O REFERENTE DAS FESTAS GASTRONÓMICAS DE GALICIA

21 Xaneiro, 2017

A FESTA DO PULPO PRESÉNTASE EN FITUR COMO O REFERENTE DAS FESTAS GASTRONÓMICAS DE GALICIA

O concello do Carballiño presentou na Feira Internacional de Turismo (FITUR), en Madrid, a LV Festa do Pulpo como un dos eventos gastronómicos e culturais máis destacados de Galicia.

Tanto o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, como a directora de Turismo da Xunta, Nava Castro, a nomearon como  un  referente das festas gastronómicas galegas, e un auténtico reclamo turístico de Galicia cada segundo domingo de agosto.

“É unha das celebracións gastronómicas máis antigas e multitudinarias de Galicia.  O pasado ano congregou a preto de 100.000 persoas que consumiron arredor de 70 toneladas de pulpo coas que se elaboraron unhas 150.000 racións. E, como anticipo desta magna romería, elaborouse a tapa de pulpo máis grande do mundo, nun prato de 5 metros e 37 centímetros de diámetro, que contiña 750 kilogramos de pulpo, equivalentes a unhas 2.000 racións. Foi un hito na historia desta festa, que esperamos superar na próxima edición, anque non será doado”, dixo o alcalde no acto de presentación, que se desenvolveu no stand de Galicia e estivo organizado e presidido pola directora de Turismo, Nava Castro.

A este acto asistiron o alcalde e o concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal, así como o portavoz do PP,  Argimiro Marnotes. Foron invitados xunto aos demáis  concellos con festas declaradas de interese turístico internacional e  nacional, como é o caso da Festa do Pulpo.

Na súa intervención, Fumega destacou os cinco elementos que garanten o éxito da festa durante cada edición: “a tradición e o bo facer das pulpeiras e pulpeiros do Carballiño; o viño do  Ribeiro; o pan de Cea, e un entorno natural extraordinario como é o parque municipal, con máis de 30 hectáreas de arbolado e zona verde”.

“É unha festa que conxuga á perfección a tradición secular na forma de elaborar o pulpo e os demáis produtos gastronómicos, cun ambiente popular  no que xogan un gran papel a música e o folclore de Galicia”, engadiu.

Finalmente, referiuse ao obxectivo de lograr a internacionalidade. Ao respecto, dixo: “A  Festa do Pulpo do Carballiño conseguiu certa relevancia en Galicia e no resto de España, e desexamos traspasar as fronteiras nacionais para que chegue a otros países. Con este obxectivo, o pasado ano lle dedicamos a festa a tres cidades do Norte de Portugal, e esta próxima edicación lla dedicaremos a outra cidade europea”. E concluiu: Queremos invitalos para que nos visiten este proximo verán e  acudan á cita do domingo, 13 de agosto, onde os recibiremos cos brazos abertos na LV Festa do Pulpo do Carballiño”.

Como soportes para a difusión e presentación da festa en Fitur, onde acuden cada ano ducias de miles de visitantes e profesionais das axencias de turismo, touropoeradores e medios de comunicación nacionais e internacionais, o concello acudiu cun video promocional duns 3 minutos de duración, resaltando os elementos esenciais da Festa do Pulpo e da programación cultural das semanas precedentes, así como un folleto turístico escrito en cinco idiomas.

 

A representación institucional carballiñesa tamén asistiu, unhas horas, á presentación do stand e da oferta turística de Galicia que realizou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e , ao longo da mañá, mantiveron contacto con axencias de turismo e touroperadores, así como con representantes de medios de comunicación que realizan a cobertura informativa desta edición de Fitur.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos