• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello
Turismo
Festa do Pulpo

A LV FESTA DO PULPO DO CARBALLIÑO PROMOCIÓNASE NO MAIOR ESPAZO GASTRONÓMICO DE MADRID CUN DOS SEUS PRATOS XIGANTES

29 Abril, 2017

A LV FESTA DO PULPO DO CARBALLIÑO PROMOCIÓNASE NO MAIOR ESPAZO GASTRONÓMICO DE MADRID CUN DOS SEUS PRATOS XIGANTES

A LV Festa do Pulpo do Carballiño promocionouse na tarde de onte no maior espazo gastronómico de Madrid, Platea, exhibindo un prato de 2,20 metros de diámetro, que foi o primeiro que se utilizou no Carballiño para elaborar a primeira Tapa Xigante de Pulpo.

O evento tipo lugar na presentación da segunda ruta gastronómica Pulpo Pasión Madrid, integrada por trinta e nove restaurantes galegos da capital de España, e que se desenvolverá ate o 15 de maio.

Os concelleiros de Turismo e Cultura, José Manuel Dacal e Diego Fernández, acudiron a este acto por invitación da organización, que promoveu a elaboración no escenario deste espazo gastronómico de 6.000 metros cadrados situado na céntrica Praza de Colón, da Maior Tapa de Pulpo de Madrid.

A orixinalidade deste evento residiu en que foron os asistentes, maioritariamente, propietarios e chefs dos restaurantes, así como blogueiros e público quen picaron os 110 kg de pulpo cos que se elaborou a tapa. A dirección e instruccións da cocción e preparación da tapa correu a cargo do pulpeiro carballiñés Paco Gómez, que amosou a gran tradición pulpeira do Carballiño, así como as excelencias das súas pulpeiras e pulpeiros.

Durante a rolda de prensa, José Manuel Dacal presentou a Festa do Pulpo do Carballiño como o referente das festas gastronómicas de Galicia e convidou aos asistentes e aos madrileños en xeral a visitar a vila carballiñesa o domingo 13 de agosto para degustar o pulpo á feira elaborado polos mellores pulpeiros e pulpeiras de mundo.

Neste senso e ante a gran concurrencia de blogueiros e blogueiras de gastronomía e restauración que había neste evento, o concelleiro dixo que se estaba avaliando a posibilidade de organizar no Carballiño unha xornada con eles para dar maior difusión nas redes sociais á Festa do Pulpo.

Ademáis do amosar o prato xigante serigrafiado cos lemas da Festa do Pulpo, o concello distribuiu folletos promocionais da festa.

Na rolda de prensa de presentación desta segunda ruta Pulpo Pasión Madrid 2017, tamén interviñeron o organizador do evento, Nacho Sandoval; o pulpeiro carballiñés e copropietario das pulperías A Feira, Paco Gómez, e o presidente da asociación de distribuidores de marisco e peixe de Mercadrid, que é o segundo mercado de peixe do mundo e que cedeu o pulpo para elaborar esta tapa xigante.

Neste intre, e complementariamente con estes actos de promoción, o concello do Carballiño traballa a reo na presentación pública do CD da cantiga “Pulpeiriña do Arenteiro”, así como da presentación da Festa do Pulpo en Nuremberg, a cuxo centro galego se adica a 55 edición da festa. Esta dedicatoria garda relación non só no feito de que este centro galego celebre o 25 aniversario da súa propia Festa do Pulpo, senón que se considera un acto moi relevante para conquerir a denominación de Festa de Interese Turístico Internacional, que é un dos obxectivos do concello.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos