• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello
Turismo
Festa do Pulpo

A LV FESTA DO PULPO PRESENTARASE O PRÓXIMO SÁBADO EN NUREMBERG COMO UNHA DAS CELEBRACIÓNS GASTRONÓMICAS MÁIS MULTITTUDINARIAS E POPULARES DE GALICIA

20 Xuño, 2017

A LV FESTA DO PULPO PRESENTARASE O PRÓXIMO SÁBADO EN NUREMBERG COMO UNHA DAS CELEBRACIÓNS GASTRONÓMICAS MÁIS MULTITTUDINARIAS E POPULARES DE GALICIA

A LV Festa do Pulpo será presentada o próximo sábado en Nuremberg (Alemaña) como unha das manifestacións gastronómicas e culturais máis multitudinarias e populares de Galicia. O acto desenvolverase no Centro Galego desta cidade que, á súa vez, tamén celebra o 25 aniversario da súa propia Festa do Pulpo.

Precisamente por isto, así como para reforzar a declaración da Festa do Pulpo do Carballiño como Festa de Interese Turístico Internacional, é polo que este ano se tomou a iniciativa de dedicarlle a festa ao Centro Galego de Nurember.

Para isto, desprazaranse ata esa cidade, situada na rexión de Franconia, no estado de Baviera, unha delegación da corporación carballiñesa, encabezada polo alcalde, Francisco Fumega, e formada polo concelleiro de Turismo, José Manuel Dacal; o portavoz do PP, Argimiro Marnotes e o portavoz de AV-Son, Bernardo García. Tamén irán dous pulpeiros. Asemade, confirmou a asistencia a este acto o secretario xeral de Emigración da Xunta, Antonio Rodríguez Miranda.

O acto celebrarase o sábado pola tarde, ao comezo dunha festa que organiza o Centro Galego e que reunirá a miles de persoas nunha céntrica rúa que se pechará ao tráfico para o efecto. O protagonismo será para o pulpo á feira, pero tamén haberá outras actividades, como un concerto de Cristina Pato, que foi contratada polo Centro Galego.

Tanto a dedicación da Festa do Pulpo ao Centro Galego de Nuremberg como a procura da internacionalidade, foron os motivos que máis impulsaron ao concello para seleccionar un cartel que fose representativo do evento e ao mesmo tempo un bo reclamo publicitario. De aí que, ao final, optouse por un cartel que contén os dous emblemas do Carballiño e Nuremberg, como son o Templo da Veracruz e o Castelo Imperial, e, por suposto, un gran pulpo rodeando con dous rabos estes monumentos. É un traballo laborioso de debuxo e deseño, pois o pulpo ten infinidade de debuxos con aceiteiras, pimenteiras, saleiros e pulpiños máis pequenos, entre outros elementos; e os monumentos tamén foron debuxados a man con moito detalle. O resultado é un cartel moi chamativo e representativo, cecais un dos carteis da Festa do Pulpo máis elaborados. É obra do debuxante e deseñador Ovidio José Feijoo Oliveros, con quen traballou o concello para acadar un cartel de moita calidade. Este artista ten realizado múltiples exposicións; xa ten feito debuxos de camisetas para a Festa do Pulpo, e visita habitualmente O Carballiño, pois aquí reside parte da súa familia.

Este cartel, que é o que se distribuirá en Nuremberg, será presentado á volta no Carballiño, incorporando os logotipos de todas as firmas que patrocinan a Festa do Pulpo e que se distribuirá por toda Galicia e nos centros galegos de todo o mundo.

 

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos