• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
O Concello

A ORGANIZACIÓN DA 8ª CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO ESPERA ACADAR UNHA PARTICIPACIÓN SEMELLANTE A DO PASADO ANO

18 Decembro, 2016

A ORGANIZACIÓN DA 8ª CARREIRA SOLIDARIA DO ARENTEIRO ESPERA ACADAR UNHA PARTICIPACIÓN SEMELLANTE A DO PASADO ANO

A organización da 8ª Carreira Solidaria do Arenteiro espera acadar unha participación semellante a do pasado ano, que foi de 750 persoas. A día de hoxe as inscricións achéganse ás 400, e ainda se poden realizar ata o próximo xoves, 15 de decembro. No caso das categorías infantiles, incluso poden apuntarse ata as 11 da mañá do propio día da carreira, este domingo, 18 de decembro.

Estes datos foron aportados durante a presentación do evento, que se realizou este mediodía no concello do Carballiño, coa asistencia do concelleiro de Deportes, Xosé Manuel Dacal; do representante do club de atletismo Arenteiro, Luis Iglesias; da xerente do Centro Comercial Aberto, Noelia Mares, así como de representantes da Cruz Vermella e de Cáritas, institucións ás que se entregarán os produtos que se recauden.

De feito, polo carácter solidario da carreira, a inscrición é totalmente gratuita, e só se pide aos participantes que colaboren coa entrega de alimentos non perecedeiros e de charcutería envasados ao vacío, así como de hixiene e aseo personal tanto para adultos como para bebés, que se depositarán nunha carpa da organización o día da proba.

A organización corre a cargo do concello, de Atletismo Arenteiro e de Kórpore Carballiño, pero son moitas as entidades e firmas colaboradoras, como Cruz Vermella, Cáritas, Coca Cola, Gadis, GRI, A Fuchela, Autotodo Carballiño, Empresa Montañesa, Autocares Rodríguez, Lamargha, Panadería Manxares e o concello de Piñor de Cea que aporta unha carpa.

Xosé Manuel Dacal animou aos carballiñeses a participar neste evento deportivo e solidario, recordando que incluso se pode facer como público, arroupando aos corredores e corredoras polas rúas da vila. E no mesmo sentido se pronunciaron os demáis representantes das entidades colaboradoras. Dase  ademáis a circunstancia de que o domingo abrirá o comercio local, polo que se espera unha gran afluencia de público no Carballiño.

Haberá un percorrido reducido de 2 km, para as categorías inferiores, e de 10 km para os demáis. E incluso os mais pequenos terán unha ruta moi curta arredor da zona da Veracruz. A saída será ás 11 da mañá, dende a praza da Veracruz, pero a partir das 9,30 comezará a recepción e a entrega dos dorsais. Establécense categorías para mulleres e homes con clasificacións diferenciadas.

As bases e os trofeos poden consultarse nas páxinas web de www.championchipnorte.com, www.correrengalicia.org, na área de deportes do concello ou chamando ao número de teléfono 988 530 007 ext 348. Tamén existen unhas follas volandeiras onde se ofrece toda esta información.

O itinerario da carreira é o seguinte: praza da Veracruz, rúa do Paseo, Avda. do Parque, instituto Chamoso Lamas, Muíños, Fábrica do Papel, Sendeiro do Arenteiro, Parque Municipal, Piscifactoría, interior do parque, rúa do Paseo e praza da Veracruz. Un percorrido urbano e natural, pasando polos lugares máis emblemáticos do Carballiño, con tramos de asfalto e de terra. Haberá zonas de avituallamento onde se entregarán bebidas e alimentos.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos