• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

A PRAZA DE ABASTOS COMEZA A CAMPAÑA DE NADAL SORTEANDO DEZ VALES DE COMPRA POR UN VALOR TOTAL DE 500 EUROS, DEZ ENTRADAS PARA O FÚTBOL E O CINE E UNHA CAIXA DE VIÑO

6 Novembro, 2017

A PRAZA DE ABASTOS COMEZA A CAMPAÑA DE NADAL SORTEANDO DEZ VALES DE COMPRA POR UN VALOR TOTAL DE 500 EUROS,  DEZ ENTRADAS PARA O FÚTBOL E O CINE E UNHA CAIXA DE VIÑO

 

A praza de abastos comezou hoxe a campaña de promoción do Nadal,  que se desenvolverá ata o 22 de decembro, e que inclúe o sorteo de dez vales de compra por un valor total de 500 euros, dez entradas para os encontros de C.D. Arenteiro no estadio de Espiñedo, outras dez entradas para as sesións dos venres do Cine Club Carballiño e unha caixa de viño Pazo Tizón.  O sorteo realizarase á unha da tarde do 22 de decembro.

Asemade, esta campaña de dinamización contará cunha programación cultural especial con actuacións musicais, teatro e xogos para os nenos. Todo isto, en aras de dinamizar a praza durante este período de tempo ata o Nadal.

A campaña foi presentada esta mañá polo presidente da asociación de praceiros, Eligio González, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira, que fixeron fincapé no traballo de promoción que se leva realizando estes últimos anos e que supón un incremento notable das ventas. O obxectivo é acadar, canto menos, o éxito logrado na campaña do pasado ano.

Neste senso tamén cobran especial relevancia os proxectos de reforma levados a cabo na praza e que nunha terceira fase suporán a mellora do espazo exterior da entrada principal da instalación municipal. Este último proxecto, que se executa neste momento e que concluirá dentro de dúas semanas, inclúe a homoxenización dos establecementos que están no exterior e a reforma da praza, coa eliminación dos contenedores soterrados, un novo pavimento, novo mobiliario  e iluminación con lámparas LED.

Adolfo Nogueira amosou unha vez máis o apoio do concello  a este campaña que promove dinamizar as vendas na praza durante este período previo ao Nadal, destacando o labor que desenvolve a asociación de praceiros.

Eligio González agradeceu a colaboración municipal e resaltou o avance experimentado nestes últimos anos coas melloras realizadas e as campañas postas en marcha, e que supuxeron un incremento notable de clientes e vendas. Por iso, fixo un chamamento para que acudan máis clientes.

Actualmente, o concello segue a traballar no proceso de ocupación dos postos baleiros que conleva moitas dificultades administrativas, pero se seguen buscando fórmulas para resolver o problema.

 

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos