• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello
Comercio
Praza de Abastos

A PRAZA DE ABASTOS COMEZA ESTE XOVES A CAMPAÑA DE VERÁN SORTEANDO UN TELEVISOR, UN EQUIPO DE MÚSICA, UNHA TABLET, UN TELÉFONO MÓBIL, TRES ELECTRODOMÉSTICOS E UNHA CAIXA DE VIÑO

5 Xuño, 2018

A PRAZA DE ABASTOS COMEZA ESTE XOVES A CAMPAÑA DE VERÁN SORTEANDO UN TELEVISOR, UN EQUIPO DE MÚSICA, UNHA TABLET, UN TELÉFONO MÓBIL, TRES ELECTRODOMÉSTICOS E UNHA CAIXA DE VIÑO

A praza de abastos comezará a campaña de verán este xoves, 7 de xuño, e rematará o 9 de agosto co sorteo dun televisior, un equipo de música, unha tablet, un teléfono móvil, un microondas, unha licuadora, unha aspiradora e unha caixa de viño Pazo Tizón. Tamén está prevista a actuación o día 11 de agosto, víspera da Festa do Pulpo, do grupo de música tradicional galega Fetiche de Pau.

A campaña, que se desenvolverá co lema de “ENCHÚFATE COA PRAZA DE ABASTOS”, foi presentada esta mañá polo presidente da asociación de praceiros, Eligio González, e o concelleiro de Promoción Económica, Adolfo Nogueira.

Adolfo Nogueira destacou unha vez máis o traballo que leva a cabo a asociación de praceiros para promocionar a praza de abastos, así como todo o que se leva feito a prol da mellora da instalación nestes últimos anos, e asegurou que este tipo de campañas estaban funcionando moi ben, ampliando a clientela e as compras no mercado municipal.

Por outra parte, incidiu na próxima conclusión do procedemento administrativo para a adxudicación dos postos vacantes da praza, e para o cal manterá unha xuntanza nos próximos días cos praceiros.

Eligio González tamén se referiu a esta cuestión dicindo que en canto se completen os postos baleiros, a praza de abastos do Carballiño sería unha das mellores de Galicia, e que de feito xa estaba recuperando unha boa parte do esplendor que tivo antaño.

Reiterou o agradecemento ao concello e ao concelleiro polo interese amosado para mellorar e promocionar a praza de abastos, e cualificou a campaña de verán como unha das máis extraordinarias de cantas se levan feito.

A partir do 7 de xuño a clientela poderá depositar unha urna as papeletas cubertas que lle serán entregadas en cada un dos postos da praza pola realización das compras durante esta tempada de verán ata o 9 de agosto.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos