Dende mañá, martes, 18 de xullo, poderanse realizar reservas e adquirir as entradas para o xantar no recinto oficial da Festa do Pulpo. O prezo das entradas permanece invariable dende hai varios anos, a 30 euros cada unha. Tanto as reservas como a compra de entradas poderanse realizar na pranta baixa do concello, ou ben a través do teléfono (988530007 Ext. 321 e Ext. 325).
Para esta 55 edición da Festa do Pulpo agárdase unha gran demanda de entradas, como xa está sucedendo, polo que se pide que se efectúen as reservas e compras canto antes, según informa a organización deste evento que se celebrará o domingo, 13 de agosto.