A rúa Aldara quedará cortada ao tráfico este mércores, 11 de outubro, pola mañá, entre as 08,30 e as 14,30 horas, debido ao arranxo dos contenedores soterrados que hai ao lado do concello e ao pintado dos pasos de peóns desta rúa. A corte farase dende a confluencia coa rúa Conde Vallellano, e afectará tamén á rúa Cesáreo Tizón, ata a confluencia coa rúa San Cibrao (Baixada a Señorín).
Recoméndase aos conductores, especialmente aos transportistas de reparto que habitualmente estacionan nesta rúa para abastecer aos comercios, bares e supermercados, o fagan pola tarde ou ben o día anterior, xa que non se permitirá o acceso de camións ou furgóns.