A sala infantil e xuvenil da Biblioteca municipal comezou o luns o programa de animación á lectura, ilustración e regueifa, que promove o servizo de normalización lingüística do concello e que se desenvolverán ata este mércores. Para os primeiros obradoiros de animación á lectura e ilustración ocupáronse todas as prazas, e incluso houbo que facer varias quendas, e tan só quedan algunhas prazas libres para o curso de regueifa que impartirán este mércores, 12 de abril, Luis Caruncho e Pinto D´Herbón. Neste último curso poden participar mozos e mozas de 9 a 14 anos, e terá lugar a partir das 11 da mañá. Todos os cursos son de balde.
A SALA INFANTIL E XUVENIL DA BIBLIOTECA DESENVOLVE OBRADOIROS DE ANIMACIÓN, ILUSTRACIÓN E REGUEIFA
