A Festa do Viño Novo, celebrada este domingo en Cabanelas, resultou ser unha das máis concurridas da historia. Centenares de persoas, moitas delas procedentes de Bueu e outras localidades da península de O Morrazo, viaxaron en dous autocares para disfrutar dunha xornada de lecer nesta parroquia carballiñesa.