Ainda quedan prazas libres para inscribirse no curso de iniciación e seguimento de fotografía dixital que organiza a Asociación Fotográfica O´Potiños na sua sede de Partovia, os sábados 14 e 28 de outubro.
O curso vai dirixido a nenos e nenas de 6 a 17 anos, e desenvolverase co seguinte horario: de 10,00 a 13,30 h., e de 15,30 a 20,00 h.
Como novidade, cómpre resaltar que durante o curso efectuaranse saídas para facer fotografías e logo revisalas e incluso imprimilas e expoñelas.
As inscricións son completamente gratuitas, e as persoas interesadas poden facelo na área de Cultura do concello ou contactando con calquera membro da Asociación O´Potiños.
EXPOSICIÓN
Asemade, segue exposta no concello a mostra de fotografía “Boborás, Arte, Natureza e as súas Xentes”, realizada por integrantes desta asociación en colaboración co concello de Boborás.