A compañía Aporía Escénica representarà este sábado, 11 de marzo, a obra “30 e tanto ósos”, que foi galardonada o pasado ano co premio María Casares ao mellor texto orixinal. Trátase dunha obra reivindicativa do feminismo, dirixida por Diana Mera e interpretada por catro actrices: Diana Mera, Teté García, Merche Pérez e Maria Roja. A iluminación escénica é de Diego Valeiras.
Son mulleres de 30 e tantos anos que, cansas de vivir agochadas baixo carcasas prefabricadas, adoptando conductas alleas, deciden transcender a pel e a carne a través da figura mítica da Loba, para chegar aos seus ósos, a materia máis elemental, onde se inscribe a súa historia persoal e colectiva e se atopa desterrado o seu potencial máis vital e salvaxe.
Esta iniciativa enmárcase no programa de actos do Día Internacional da Muller que organiza a concellería de Igualdade e o Centro de Información da Muller, e que conta coa colaboración da concellería de Cultura.
A representación comezará ás 20,30 h., no auditorio municipal, e terá un prezo de 5 euros.