• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

ARREDOR DE 220 DEPORTISTAS COMPETIRÁN ESTE DOMINGO NA 35ª COPA DEPUTACIÓN DE BALONMÁN BASE NO PAVILLÓN E PISTA BERMELLA

24 Maio, 2017

ARREDOR DE 220 DEPORTISTAS COMPETIRÁN ESTE DOMINGO NA  35ª COPA DEPUTACIÓN DE BALONMÁN BASE NO PAVILLÓN E PISTA BERMELLA

Arredor de 220 deportistas de 6 clubes e 19 equipos, participarán este domingo, 28 de maio, na 35ª Copa Deputación de Balonmán Base. Os partidos xogaranse tanto nas dúas canchas do pavillón de deportes Paco Chao como na Pista Bermella, en horario de 10,00 a 14,00 h.

O evento foi presentado este mediodía nun acto ao que asistiron o concelleiro de Deportes, José Manuel Dacal; o asesor de Deportes da Deputación, Bernardino González; o vicepresidente da Federación Galega de Balonmán, José Manuel Pérez, e o presidente da Asociación Club Balonmán Carballiño, José Castro, entre outros.

Dacal agradeceu a colaboración da Deputación, así como da Federación de Balonmán e do club carballiñés, e fixo fincapé na participación de equipos e deportistas, que supoñía unha afluencia importante para O Carballiño.

Bernardino González destacou o apoio da Deputación ao achegamento do deporte a todos os concellos da provincia, sinalando que se trataba dunha competición moi atractiva.

José Manuel Pérez expresou o desexo de que este tipo de competición contribúa a promover a práctica do balonmán, e asegurou que os equipos finalistas que ían competir pertenecen a todas as categorías base (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil), e que en infantil e cadete había equipos masculinos e femininos. As idades dos deportistas van dos 6-7 anos aos 17.  Os equipos participantes son: C.B. Ribadavia, C.B. Ribeiro, C.B. Pavillón de Ourense, C.B. Campus Ourense e A.C.B. Carballiño. Ademáis, haberá un equipo invitado, que é o C.B. A Cañiza.

Finalmente, José Castro, presidente do C.B. Carballiño, organizador do evento, agradeceu a colaboración institucional e da Federación, sen cuxa axuda non se podería levar a cabo a competición, xa que o club carballiñés non dispón de recursos. Así mesmo, abogou porque este deporte acabe sendo un máis da vila carballiñesa e por iso habería encontros tanto na pavillón como na “pista bermella”. O club carballiñés, creado hai tres anos, compite con equipos base nas categorías prebenxamín, banxamín e alevín.

 

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos