As redes sociais, especialmente facebook, e a páxina web do concello están contribuindo a que as iniciativas culturáis e sociais do Carballiño traspasen as fronteiras do municipio, da provincia e incluso de Galicia, para chegar a lugares alonxados dende os que se interesan por algunas iniciativas do concello.
Así, a exposición MIRARconTACTO, da fundación María José Jove, que se clausurou hai unhas semanas no auditorio, chegará ate Andorra, xa que a Fundación Julià Reig que xestiona o Museo del Tabac-Antiga Fábrica Reig do Principado de Andorra coñeceu pola páxina web do concello do Carballiño o interese social e artístico desta exposición que estivo no auditorio municipal en decembro e xaneiro pasados, e a considerou de interese para levala ao seu Museo, no que se teñen realizado mostras de grandes pintores como Dalí, Picasso, Rembrant, Goya, etcétera, e pequenas exposicións de interese social.
Nestes días estanse recibindo chamadas de diversos lugares de España, entre outros, de Tenerife, para interesarse polo concurso fotográfico Unha Mirada de Xénero, cuxo coñecemento lles chegou a través do Facebook do concello.
Hai uns meses, recibíronse peticións de Barcelona para solicitar exemplares do libro “Aurelio pego. Un xornalista galego en Nova York”, editado polo concello dentro das Xociviga 2016. E tamén se recibiron solicitudes dO Museo de Pontevedra ou Tenerife, por citar dous exemplos, para facerse con exemplares do libro “O Cantigueiro de Orcellón”, de Manuel María, editado polo concello co gallo das Letras Galegas do pasado ano, cuxa información lles chegou a través do faccebook e da web.
A páxina web do concello atópase en proceso de renovación e o faccebook triplicou o número de seguidores durante este ano. Neste momento é unha das redes sociais municipais máis activas e con máis interacción na provincia. O alcance das publicacións do facebook do concello nos últimos 28 días é de 80.870 persoas. E hai picos, como durante a pasada Festa do Pulpo, onde se chegou a 150.000 persoas e houbo unha interacción de máis de 50.000.
Dous vídeos promocionais da Festa do Pulpo, que se subiron en xaneiro levan en conxunto máis de 18.000 reproducións e o alcance é de 23.500 persoas. Un dato relevante é que o 42% das reproducións teñen lugar dende fóra de Galicia, concretamente, o 6,88% de Cataluña; o 5,15% de Madrid; o 2,46% de México; o 2,17% de Valencia; o 1,7% de Asturias e Castela-León; o 1,45% de Venezuela, e tamén do País Vasco e Andalucía. E que en conxunto o 59% son mulleres, sobre todo do tramo de idade comprendido entre os 35 e os 44 anos.