• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

AS XOCIVIGA PUBLICAN UN LIBRO SOBRE A TRUCULENTA HISTORIA DE MERCEDES MARIÑO, UNHA ACTRIZ E CANTORA GALEGA PIONEIRA DA CINEMATOGRAFÍA ESPAÑOLA E CUBANA

2 Agosto, 2017

AS XOCIVIGA PUBLICAN UN LIBRO SOBRE A TRUCULENTA HISTORIA DE MERCEDES MARIÑO, UNHA ACTRIZ E CANTORA  GALEGA PIONEIRA DA CINEMATOGRAFÍA ESPAÑOLA E CUBANA

As Xociviga 2017 veñen de editar un libro sobre a truculenta historia dunha auténtica pioneira galega da cinematografía española e cubana. Trátase de Mercedes Mariño, nada en Monforte e emigrada a Cuba dende moi pequena, que chegou a protagonizar unha serie de fitos históricos no cine, no teatro, na radio e na canción, e que faleceu xa moi lonxeva en Santiago de Compostela, dun xeito triste e absolutamente esquecida.

Ademáis de recuperar a súa historia neste libro do escritor e crítico cinematográfico Xosé Enrique Acuña, as Xociviga tamén proxectarán esta tarde a película ABEL SÁNCHEZ (España, 1946), protagonizada por Mercedes Mariño, e que fai sesenta anos que non se exhibía.

A publicación, titulada “Estrela e Eclipse de Mercedes Mariño”, foi presentada esta mañá no concello do Carballiño polo alcalde, Francisco Fumega; o autor, Xosé Enrique Acuña, e o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.

Francisco Fumega destacou que era a terceira publicación que se realizaba no marco destas Xociviga e que, polo tanto, supoñía unha gran contribución á recuperación da memoria histórica da cinematografía e da fotografía en Galicia. Referiuse a outras publicacións de anos anteriores, destacando a trascendencia de todas elas. Así mesmo, agradeceu a colaboración da Secretaría Xeral de Cultura e da Consellería de Cultura, e o traballo de investigación levado a cabo por Xosé Enrique Acuña, que foi tamén o autor do libro sobre o crítico de cine Aurelio Pego, publicado o pasado ano.

Xosé Enrique Acuña destacou, sobre todo, os fitos protagonizados por Mercedes Mariño ao longo da súa vida, que foi absolutamente sorprendente tanto na súa faceta artística como na súa truculenta vida persoal. Mariño naceu en Monforte no ano 1909 e morreu en Santiago de Compostela, no psiquiátrico de Conxo, no ano 1995. Foi pioneira en moitas cousas: primeira actriz galega  que debutou nun teatro en Nova York, primeira muller galega protagonista no teatro cubano así como no cine mudo cubano, e primeira muller galega que tivo un programa de radio no que fixo teatro radiofónico e comezou a cantar cancións con ritmos propios do jazz, como o foxtrot. Mercedes Mariño retornou a España en 1931, e a partir de aí entra nunha nova etapa a súa vida, colaborando coa República como artista, ata que o golpe de Estado cambia de novo a situación do país e a súa propia, divorciándose do seu marido, que era médico.  A partir de 1946 prodúcese o eclipse total e xa non se sabe nada dela. Estivo internada en centros psiquiátricos na Habana e  Madrid e morreu de forma moi triste en Santiago, en Conxo. O libro, de 120 páxinas contén ademáis unha parte gráfica con imaxes da vida artística, persoal e familiar da actriz e cantora.

Anxo Lorenzo comezou agradecendo ao autor a recuperación desta figura histórica, dstacando a iniciativa das Xociviga por apoiar  este tipo de traballos. De feito, loubou que as Xociviga, que é o decano dos festivais de cine de Galicia, emprendesen o pasado ano este camiño de publicar libros de investigación cinematografica, algo que non fai ningún outro festival, asegurou.  De Mercedes Mariño dixo que debe ter o seu lugar na historia cultural de Galicia, e que o esforzo das Xociviga ten moita trascendencia, polo que felicitou ao festival, ao concello do Carballiño e a Xosé Enrique Acuña.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos