• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

AS XOCIVIGA2017 APOSTAN POLO CINE DE CALIDADE, OS NOVOS REALIZADORES E MOSTRAS E PUBLICACIÓNS DE GRAN INTERESE

18 Xullo, 2017

AS XOCIVIGA2017 APOSTAN POLO CINE DE CALIDADE, OS NOVOS REALIZADORES E MOSTRAS E PUBLICACIÓNS DE GRAN INTERESE

As Xociviga2017 apostan polo cine de calidade, os novos realizadores galegos e mostras e publicacións de gran interese cultural. Celebraranse do 30 de xullo ao 4 de agosto e haberá dúas proxeccións ao aire libre pola noite. O cartel do festival é obra do deseñador carballiñes Jesús Rodríguez Obenza.

O evento foi presentado esta mañá no concello polo director da AGADIC, Jacobo Sutil, e o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

Ambos puxeron de manifesto a importancia deste festival, resaltando sobre todo a súa traxectoria histórica. Así o fixo o director da AGADIC, dicindo que as Xornadas de Cine do Carballiño eran unha das manifestacións culturáis máis importantes da provincia de Ourense e tamén de Galicia xa dende a súa creación.  Son un elemento moi importante de difusión cultural entre os veciños do Carballiño e da contorna, así como dos veraneantes. Tamén destacou a contribución ao audiovisual de Galicia, posibilitando a creación da Federación de Cine Clubes de Galicia ou a Asociación de Historiadores do Cine. E lembrou as homenaxes a figuras como Carlos Velo, ou aos fotógrafos Ramón Godás e O Rizo, entre outros. Por isto, engadiu Jacobo Sutil, as Xociviga son beneficiarias das axudas das institucións.  Finalmente, resaltou as actividades paralelas desta edición, como as mostras de José Luis Abalo e Carlos Casares e o Cine, as publicacións, conferencias, concerto de bandas sonoras e a sesión prólogo coa proxección de El bosque animado, en homenaxe a Fernando Rey polo centenario do seu nacemento.

Diego Fernández adiantou o programa previsto, que se iniciará o 30 de xullo cunha xornada prólogo especial á que acudirá José  Luis Cuerda para render homenaxe ao actor Fernando Rey, nado na Coruña, e que foi coprotagonista da súa película El bosque animado.

Entre as seccións destacan tamén as sesións de noite con seis filmes de gran calidade, as sesións de cine infantil, con tres películas, documentais galegos e o certame de curtametraxes. Asemade, presentaranse tres publicacións, unha con láminas documentadas de José Luis Abalo sobre destacados galeguistas contemporáneos, o libo-programa con textos inéditos de Cuerda e de directores dos documentais, entre outras interesantes colaboracións, e información das Xociviga, e unha publicación dunha figura do cine galego e español rescatado do esquecemento e de gran interese. Este programa será presentado na súa totalidade a próxima semana.

Diego Fernández agradeceu a AGADIC e á Deputación Provincial a sùa colaboración, e fixo un recoñecemento especial á colaboración desinteresada do deseñador Suso Obenza, autor do cartel.

 

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos