A mocidade de Aspadisi participou na agravación dun videoclip cunha versión do tema de Luis Emilio Batallán “Aí ven o maio”, interpretada polo músico carballiñés Roberto Sobrado, e que está incluída no seu último CD.
O guión, a edición e a realización corren a cargo de Alexandre Cabanelas, en colaboración coa concellería de Cultura do concello do Carballiño.
A gravación realizouse no parque da Ínsua dos Poetas, na Esgueva, e no propio centro de Aspadisi, entre outras localizacións do Carballiño.