• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

AUTORIDADES E GAÑADORES DO PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ REIVINDICAN EN MOLDES A VIXENCIA E A NECESIDADE DE APOIO E PROMOCIÓN DA CULTURA GALEGA

10 Xuño, 2017

AUTORIDADES E GAÑADORES DO PREMIO ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ REIVINDICAN EN MOLDES A VIXENCIA E A NECESIDADE DE APOIO E PROMOCIÓN DA CULTURA GALEGA

Autoridades e gañadores do XXXII Premio Antón Losada Diéguez reivindicaron hoxe en Moldes a vixencia e a necesidade de apoio e promoción da cultura galega. Ao acto, celebrado ás 12 do mediodía baixo un sol de xustiza no pazo dos Losada en Moldes, asistiron, ademáis dos galardoados Inma López Silva e Xosé Ramón Pena, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; a concelleira de Cultura de Boborás, Patricia Torres; o coordenador de Cultura da Deputación Provincial de Ourense, Manuel Doval; o mantenedor Xosé Manoel Rodríguez; a familia Losada e numeroso público, entre o que se atopaban os escritores Miguel Anxo Fernández, Manuel Bragado e Luís González Tosar, así como o escultor Acisclo Manzano; o presidente do Centro de Estudios Chamoso Lamas, Xosé Luis Sobrado e o presidente do Instituto de Estudios Carballiñeses, Avelino Muleiro; concelleiras e concelleiros do Carballiño e Boborás, entre outros. Previamente a este acto tivo lugar unha misa na capela románica de Moldes, que foi cantada pola Coral Polifónica do Casino do Carballiño.

Francisco Fumega destacou o compromiso coa cultura galega: “O Premio Antón Losada Diéguez –dixo- hai tempo que ven recoñecendo o labor da creación literaria e da investigación en Galicia, e este é un motivo de orgullo para quen representamos ás institucións que convocamos este premio: os concellos de Boborás, do Carballiño e a Deputación Provincial de Ourense”. E engadiu “A cultura é a nosa principal seña de identidade e a súa promoción é esencial nun mundo cada vez máis global. Por iso cómpre axudala”.

Anxo Lorenzo felicitou aos galardoados e dixo que o premio dignifica o nome da persoa ao que se dedica, e que serve para menter viva a súa memoria, lembrando unha parte moi importante da nosa historia.

Manuel Doval referiuse a Antón Losada como un home que utilizaba a palabra para convencer, e nós tamén temos que utilizala para construir un mundo mellor, dixo.

Xosé Manoel Rodríguez rendeu unha homenaxe ás persoas que crearon o premio e a todas aquelas que, dende as institucións, como mantenedores ou como galardoados, foron crearon a súa historia ao longo dos últimos trinta e dous anos. Citou a Xusto Beramendi, que coordenou unha Antoloxía sobre Antón Losada, a Carlos Casares, que se vira envolto nunha polémica á que fora alleo, aos alcaldes impulsores do premio, Argimiro Marnotes e Cándido Cabanelas, así como aos premiados.

Inma López Silva, que obtivo o premio na modalidade de creación literaria, pola novela “Aqueles días en que éramos malas”, resaltou o labor da promoción da cultura galega a pequena escala coma a que supoñía este premio, e dixo que hoxe cumprirían algunhas figuras como Losada Diéguez. Asegurou que a novela premiada era a máis querida, e llo agradeceu a Víctor Freixanes, que a editou, así como a Galaxia, ao xurado e ás institucións que o convocan. Finalmente, demandou máis apoio e investimento para a cultura.

Xosé Ramón Pena, galardoado na modalidade de investigación pola obra “Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936”, e que xa obtivera hai anos este mesmo premio pero na modalidade de creación literaria, lembrou a Ricardo Carballo Calero, do que se proclamou discípulo e continuador da súa obra, para pedir que se lle conceda o Día das Letras Galegas.

Finalmente, Patricia Torres amosou a súa satisfacción por honrar a persoas como Antón Losada Diéguez ou Manuel Chamoso Lamas, promovendo dende o concello de Boborás, conxuntamente co Centro de Estudios Chamoso Lamas, a divulgación do gran patrimonio histórico e cultural deste concello.

Ao remate do acto cantouse o himno galego co acompañamento da Banda Escola de Gaitas do Carballiño e a Coral Polifónica do Casino do Carballliño.

 

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos