O Servizo Provincial de Emerxencias informa dunha proba de sirenas nos encoros de Albarellos e Castrelo, que se levará a cabo o próximo luns, 24 e o martes 25 de abril, entre as 09,00 e as 18,00 h., e que afectará ás zonas próximas destes enconos. Albarellos (concellos de Boborás, O Carballiño, Leiro, Cenlle, Beade e Ribadavia) e Castrelo (concellos de Castrelo de Miño, Ribadavia e Arnoia).
Xa que únicamente se trata dunha proba, a poboación non deberá realizar ningunha acción especial ao escoitar a sirena, podendo continuar normalmente coas súas actividades.