As concellerías de Medio Ambiente e Medio Rural, que dirixen Érika Paz e Rosario González, respectivamente, comezan esta semana unha campaña de difusión sobre a xestión dos residuos sólidos urbanos e do punto limpo municipal polas parroquias.
A primeira charla terá lugar este martes, 24 de xaneiro, no local social da Asociación de Veciños do Torrón, e á mesma están convocados os veciños do Torrón, Partovia, Señorín e San Fiz.
O obxectivo desta campaña é informar e concienzar á cidadanía sobre a necesidades de mellorar a recollida de residuos e facer un bo uso das instalacións que ofrece este servizo municipal.
Nos próximos días irase informando do resto das charlas que terán lugar noutros locais veciñais do medio rural.