Castro Cavadoso foi un castelo derrubado polos Irmandiños. Pertencía á Condesa de Ribadavia. Dentro hai todo un burgo medieval, con casas, sotarregos e vivendas extramuros baixando cara ó castelo. As murallas continúan a existir, emerxendo colosais diante dunha fraga de carballos.