Cinco compañías participan no 9º Festival de Títeres que comezou onte ás 19,30 h., na Praza dos Irmáns Prieto. O programa do festival o completan: o martes, a Compañía Títeres Alakrán, coa obra Soños na Gaiola; o mércores tócalle a quenda á compañía Títeres Tanxarina, que representará As bombas e o xeneral; o xoves, a compañía Ti e máis eu Teatro porá en escena a obra A troita do Arenteiro, e o venres, 18 de agosto, a compañía A Xanela do Maxín representará a obra Títeremusiconto. Ese mesmo día pola mañá haberá un obradoiro para crear un títere con material de refugallo.
Todas as representacións serán ás 19,30 h., na Praza dos Irmáns Prieto, agás o obradoiro qu será ás 12,00 h.