Cinco traballadores perceptores da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) reforzarán dende mañá o servizo de limpeza viaria no casco urbano do Carballiño. Trátase dun programa da Xunta cos concellos, ao que se adheriu o concello do Carballiño, dirixido a dar ocupación a aquelas persoas incluidas na Risga. Dito programa está subvencionado na súa totalidade pola Xunta, que é quen efectúa a selección do persoal dentro do segmento de perceptores desta axuda social.