Un centenar de persoas, entre as que se atopaban os portavoces e membros da corporación municipal, funcionarios, veciños e visitantes, concentráronse ás 12 na Praza Maior e gardaron cinco minutos de silencio en repulsa polos atentados de Barcelona e Cambrils e en solidariedade coas vítimas, as súas familias e os veciños destas localidades.
Esta convocatoria efectuouse secundando a realizada pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP).
Dende primeiras horas da mañá as bandeiras do concello do Carballiño están a media asta en sinal de condolencia.