Esta semana quedou rematado o asfaltado da estrada de acceso ao novo balneario Caldas de Partovia. Esta estrada ten agora o ancho suficiente para permitir o paso de autobuses, o que non sucedía antes. Esta obra foi executada pola Deputación provincial. Asimismo, estase á espera de construir a beirarrúa para o paso de peatóns e instalar farolas neste recorrido.
Por outra parte, no balneario estanse realizando probas e ultimando algúns detalles antes de proceder á súa inauguración.