Este xoves, 11 de maio, ás 19,00 h., terá lugar o próximo pleno municipal, en cuxa orde do día figuran, entre outros, os seguintes temas:
-Toma de posesión da concelleira do BNG Sofía García Hermida.
-Proposta da Alcaldía sobre modificación de Grupos Políticos, integrantes, voceiros e comisións informativas.
-Expediente aprobación provisional da modificación puntural do PXOM-Balneario.
-Expediente aprobación inicial ordenanza animais potencialmente perigosos.
-Expediente aprobación inicial ordenanza xestión biomasa.
-Expediente aprobación inicial regulamento participación cidadá.
-Moción de AV-SON pola defensa da biodiversidade fronte á eucaliptización.
-Moción de AV-SON pola laicidade institucional e libertade relixiosa.
-Moción do BNG sobre o transporte da festa dos maiores.
-Moción do PP sobre instalación dun heliporto no Carballiño.
-Moción do PP sobre procedemento para a dación de contas de resolucións no Pleno Concello.
-Moción do PSOE para a protección da saúde da cidadanía fronte ó amianto ou asbesto.
-Moción do PSOE sobre a situación dos-as auxiliares de policía local no concello do Carballiño.