• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello
Turismo
Festa do Pulpo

DÚAS CORAIS E DÚAS RONDALLAS COMPOÑEN O CARTEL DO XXIV FESTIVAL DE HABANERAS QUE ORGANIZA O ORFEÓN DO CARBALLIÑOO SÁBADO 5 DE AGOSTO

26 Xullo, 2017

DÚAS CORAIS E DÚAS RONDALLAS COMPOÑEN O CARTEL DO XXIV FESTIVAL DE HABANERAS QUE ORGANIZA O ORFEÓN DO CARBALLIÑOO SÁBADO 5 DE AGOSTO

Dúas corais e dúas rondallas conforman o cartel do XXIV Festival de Habaneras, que organiza o Orfeón do Carballiño e que se celebrará o sábado 5 de agosto, ás 20,30 h., no auditorio municipal. Trátase das corais OIHARTZUNA de Vizcaya e do Orfeón do Carballiño, e das rondallas BOHEMIOS de Ferrol e ALFAIA de Cenlle. Asemade, renderase homenaxe a Ernesto Lagarón Vidal, presidente da Unión de Asociacións Galegas en Cataluña, polo seu labor de promoción cultural en Cataluña durante 35 anos.

O evento foi presentado esta mañá polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández; o presidente e director do Orfeón, Emilio Rodríguez e Christian Casas, respectivamente, e o tamén directivo desta entidade, Paco Fernández.

Diego Fernández fixo un recoñecemento púlbico ao Orfeón polo traballo que realiza cada ano para encher o auditorio neste festival, así como por promover o nome do Carballiño nas súas viaxes e traer ao Carballiño aos mellores coros de España.

Emilio Rodríguez destacou a andaina levada a cabo dende 1994 cando quixeron render tributo aos emigrantes creando un festival de habaneras, e Christian Casas abondou nesta idea aducindo que polo festival xa teñen pasado 58 agrupacións de Venezuela, País Vasco, Asturias, León, Madrid e de toda Galicia, entre outros lugares.

Ambos destacaron a calidade dos grupos participantes nesta edición. Así, a Rondalla Bohemios de Ferrol ten 40 compoñentes, e acadou numerosos premios por toda España. A Coral Oihartzuna de Vizcaya está formada por 36 voces mixtas e ten participado nos mellores festivais, acadado moitos premios en diversos concursos. Dase a circunstancia de que esta coral permanecerá no Carballiño durante toda a semana grande da Festa do Pulpo. Tamén destacaron a calidade do rondalla Alfaia de Cenlle, unha das poucas que quedan na provincia, e o repertorio que ofrecerá o Orfeón, consistente en catro habaneras e a estrea dunha adaptación dunha parte dunha ópera nunha habanera a 7 voces.

Finalmente, agradeceron o apoio do concello, da Deputación, de Seguros Ocaso e de Cofaro.

 

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos