A nova estación fixa de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) do Carballiño entra en servizo, tras a inauguración oficial desenvolvida este mediodía no parque empresarial. O acto contou coa presencia do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o director de Supervisión y Control, Juan Diego Rodríguez; o vicepresidente de Applus, José Delfín Pérez, e o alcalde do Carballiño, Francisco Fumera, así como portavoces municipais, concelleiras e concelleiros e representantes dos empresarios do Polígono Industrial e Parque Empresarial, do Centro Comercial Aberto, dos talleres mecánicos e de Tráfico, entre outros.
Fumega agradeceu ás empresas Supervisión y Control (SyC) e Applus, e á Xunta a colaboración para traer ao Carballiño esta ITV, da que dixo era unha vella demanda da vila, do municipio e da comarca, que ía reforzar o potencial do parque empresarial, creando postos de traballo e xerando un gran movemento de vehículos e persoas, ademáis de dinamizar o sector da automoción. Tamén se en, enorgulleceu por ser a segunda estación que conta cun novo modelo constructivo e de funcionamento, incorporndo novos modelos de construcción modular e innovación tecnológica.
A esta mesma cuestión se referiron o director de SyC, Juan Diego, e o vicepresidente de Applus, José Delfín, asegurando que este novo modelo, que só ten Santiago, exportarase a outros países onde estas empresas desenvolven a súa actividade. “E pois máis que un novo modelo nacional, internacional”, aseguraron.
Francisco Conde, finalmente, congratulouse da boa colaboración empresarial e institucional, que é a mellor forma de facer país, según dixo. Tamén destacou o carácter pioneiro en España deste novo modelo de ITV, que mellora en eficiencia, competitividades e respecto medioambiental aos anteriores.
Ao remate das intervencións, realizouse unha explicación técnica do funcionamento innovador e altamente tecnolóxico desta ITV, que xa non usa ordenadores para efectuar as medicións, senón que se fan por conexións inalámbricas.
Cun investimento cercano a un millón de euros, 900.000 euros concretamente, esta ITV poderá inspeccionar todo tipo de vehículos, incluso autobuses, tractores e camións. O obxectivo é inspeccionar uns 12.000 vehículos anuais.
A nova estacion de ITV, que fai a número 27 das que ten SyC, funcionará cun horario de 09,00 a 13,30 h., e de 15,15 a 18,00 h., de luns a venres, non tendo servizo os sábados. Na páxina web xa se pode tramitar a cita previa, que tamén se obtén a través do teléfono 902309000 no mesmo horario.