Os vinteún locais hostaleiros integrados na Ruta das Tapas ofrecerán este venres unha ampla gama de brochetas na segunda xornada do mes de abril desta iniciativa gastronómica.
Brocheta de pulpo con puré de garbanzos e zanoria; brocheta de lomo de porco adobado, piña, mazá e salsa oli-oli; brocheta de langostinos con piña e ensalada, e outras modalidades de brochetas poderán degustarse por 2 euros a partir das 8 da tarde en calquera dos 21 mesóns, bares e restaurantes que forman parte da Ruta das Tapas.
Recórdase ademáis que se poderá participar no sorteo final de vales por un valor total de 2.000 euros, cubrindo os boletos que se entregarán en cada establecemento.