Este venres, 19 de maio, remata a tempada 2017 da Ruta das Tapas, cunha xornada adicada aos productos de primavera. A partir das 8 da tarde, nos 21 locais hostaleiros adheridos a esta iniciativa, poderanse degustar tapas ao prezo de 2 euros, e acompañalas cun viño Pazo Tizón da última colleita.
Será tamén a última posibilidade de cubrir os boletos que se ofrecerán nestes bares e mesóns para participar no sorteo de vales de compra por un valor total de 2.000 euros.
Nesta edición da Ruta das Tapas colaboran o Centro Comercio Aberto, a adega Pazo Tizón, o concello do Carballiño e 21 locais hostaleiros do Carballiño.