• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

FETEGA PRESENTA A 28ª EDICIÓN, QUE SE DESENVOLVERÁ DO 5 AO 9 DE SETEMBRO, CUNHA VINTENA DE ESPECTÁCULOS ENTRE OS QUE SE ATOPAN OS ÚLTIMOS TRABALLOS DE CHÉVERE, REDRUM TEATRO, INHERENTE TEATRO, TRIATREROS E SERGIO PAZOS

2 Agosto, 2017

O Festival de Teatro Galego do Carballiño (Fetega) fixo público o programa da súa 28ª edición, que do 5 ao 9 de setembro ofrecerá unha vintena de espectáculos e propostas formativas coa produción galega como protagonista. O concello do Carballiño, a Agadic e a Deputación provincial son os principais patrocinadores do evento.

O Auditorio Municipal e o anfiteatro exterior da praza da Veracruz acollerán a meirande parte das citas desta 28ª edición, que tamén se estenderá ás rúas da localidade e á Casa da Cultura. O Auditorio acollerá do martes ao sábado os espectáculos Eroski Paraíso, de Chévere (día 5); A canción do elefante, de Redrum Teatro (día 6); Dramaturxia das mulheres, de Inherente Teatro (día 7); Impronews, de Triatreros (día 8); e Afiando con humor, de Sergio Pazos (día 9). Este último será, ademais, o encargado de conducir a gala de clausura e de entrega do premios Fetega Dorotea Bárcena a Carlos Blanco o mesmo sábado.

No anfiteatro da praza da Veracruz terán lugar as representacións de Welcome, de Duelirum (día 5); Lila Star, de Vuletos de Rosca (día 6); Escola de saltimbanquis, de Pistacatro (día7); Nono, de Nono Productions (día 8), e Contigüo, de Compañía IO (día 9). Ademais, Barafunda e Pistacatro serán as formacións encargadas dos espectáculos que animarán as rúas do Carballiño durante todos os días do festival.

Como complemento deste programa de exhibición, o Fetega ofrece o sábado na Casa da Cultura a conferencia Teatro posdramático galego, a cargo de Afonso Becerra de Becerreá; ademais de organizar cadansúa clase maxistral sobre improvisación, impartida por Omar Ferrín, e novas linguaxes escénicas, por Avelina Pérez.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos