• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
O Concello

GRAN EXPECTACIÓN ANTE O CONCERTO DE MÚSICA LATINA, HOUSE E ELECTRÓNICA DE DASOUL E DANNY ROMERO O 23 DE DECEMBRO

18 Decembro, 2016

GRAN EXPECTACIÓN ANTE O CONCERTO DE MÚSICA LATINA, HOUSE E ELECTRÓNICA DE DASOUL E DANNY ROMERO O 23 DE DECEMBRO

Será un dos principais eventos deste Nadal no Carballiño e na provincia, e pola marcha da venta de entradas anticipadas, xa se pode augurar unha gran afluencia ao concerto de música latina, house e electrónica que ofrecerán os cantantes e productores Dasoul e Danny Romero o próximo 23 de decembro na discoteca Isis Pharia.

Este espectáculo musical, que organiza unha sociedade de promotores carballiñeses, foi presentado a mediodía polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández e o representante da sociedade promotora Uriel Bernárdez.

Uriel Bernárdez confirmou a día de hoxe a venta anticipada do 75% do aforo da sala, que é de 1.800 persoas, na súa maioría de persoas da provincia de Ourense e de Pontevedra, pero tamén de fóra de Galicia, como unha parella que viaxará dende Cataluña para asistir ao concerto. Isto fai prever que se encherá a discoteca e que O Carballiño recibirá esa noite a visita de centos de persoas, moitas das cales pernoctarán na vila. Bernárdez tamén dixo que esta experiencia poderia ter continuidade con outros concertos de renome.

Actualmente, Dasoul está completando unha xira internacional e, xunto con Danny Romero, conforman un cartel excepcional no panorama musical español, suscitando unha gran expectación entre a mocidade.

Tanto os promotores como o concelleiro de Cultura aseguraron que este concerto situaba ao Carballiño nun lugar preferente da oferta musical neste Nadal, e que a situación estratéxica da vila, con acceso por autovía en todas as direccións, estaba a contribuir ao éxito da iniciativa.

Neste senso, Diego Fernández agradeceu o risco e o esforzo desta sociedade promotora por traer ao Carballiño un evento de ámbito autonómico e estatal tan relevante para a mocidade.

O concerto, que está recomendado para mozos e mozas a partir dos 16 anos, comezará ás 22,30 h., do venres, 23 de decembro, e prolongarase durante varias horas, xa que ademáis destes dous artistas contarase cos mellores DJ de Galicia, como Groove Amigos; de Ourense, como The Prieto Brothers e o DJ carballiñés Stewe Gómez.

Asemade anúnciase un servizo de autobuses dende Ourense, Ribadavia e o centro do Carballiño coa discoteca para a ida e a volta do concerto ao prezo de 6, 5 e 1 euro, respectivamente.

As entradas poden adquirirse de forma anticipada por 15 euros en discotecaisispharia@gmail.com ou chamando aos teléfonos 658 666 723 e 600 289 504.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos