• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios

Historia

foto83_1
1 of 2 foto83_1
foto83_2
1 of 2 foto83_2
O Carballiño é a entidade de poboación máis recente da comarca. Xestouse ao redor da  feira creada polos frades de Oseira no primeiro terzo do século XVII. A súa condición de encrucillada, lugar de paso natural entre as Rías Baixas e o interior meridional de Galicia, e entre O Ribeiro e o norte de Portugal con Compostela, marcou tanto a orixe da feira como  a súa consolidación e puxanza posteriores.

 

Naceu O Carballiño ao pé do camiño (s. XVII) nas terras do mosteiro de Oseira (s. XII), unha das abadías máis poderosas da Baixa Idade Media; converteuse no eixo da arrieiría  tras popularizarse a súa feira (s. XVIII); acrecentou o interese xeral coa difusión dos poderes curativos das súas augas termais (s. XIX); emprendeu iniciativas industriais e comerciais, creando fábricas do papel, madeira, xabón e curtidos (s. XIX), e buscou novos horizontes, primeiro, alén das augas atlánticas (ss. XIX e XX) e, máis tarde, en Europa Central (s. XX), coma se a condición de emigrado lle viñese imposta co seu nacemento.

 

O seu nome herdouno do lugar, como sucede con tantos pobos. Os investigadores que se ocuparon de coñecer a xénese do topónimo coinciden nisto, aínda que discrepan na súa orixe. Parece prevalecer, con todo, a teoría do apelativo cariñoso, que en Galicia adoita ser un diminutivo, como referente último. Segundo isto, O Carballiño, indicaría afecto cara a ese lugar poboado de carballos ou talvez no que algún deles sobresaíse. En diversos períodos históricos o nome foi castellanizado erroneamente, sendo substituído por Carballino , palabra carente de significado algún, xa que o diminutivo castelán sería en todo caso roblecito.
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos