A Biblioteca Pública Municipal ofrecerá este xoves, 13 de xullo, de 12,00 h., a 13,00 h., unha actividade especial de contacontos na praza de abastos. Desenvolverase co título de “Os Bolechas queren saber… como é unha praza”, e vai dirixido a nenos e nenas de 6 a 11 anos. Para participar é preciso inscribirse previamente na Biblioteca ou na mesma praza.
Ademáis desta actividade, está tendo un gran éxito a campaña Arrieiros de Papel, consistente nunha cesta con libros para ser leídos e intercambiados por outros, que está colocada na zona de lecer da praza de abastos dende hai unhas semanas.