Tras o éxito acadado na primeira convocatoria do curso de poda e enxerto, organizado por Sustinea coa colaboración da concellería de Medio Rurual no local social de Banga, a próxima semana comezará un segundo curso que se desenvolverá no local social da parroquia de Santa Uxía de Lobás.
O curso que se celebra en Banga comezou onte coa totalidade das prazas ocupadas, vinteoito, e desenvolverase ata o xoves, en horario de 15,30 a 18,30 h. Pero a gran demanda que se produciu fixo que se convocase un segundo curso, para o cal tamén están ocupadas todas as prazas. De feito, hai xa mais de trinta inscricións, cando as prazas ofertadas son tamén vinteoito.
Así pois, o segundo curso terá lugar do luns 20 ao xoves 23 no locao social da parroquia de Lobás.
Esta iniciativa está dirixida á dinamización do medio rural, polo que teñen preferencia as persoas que residen nas aldeas, e deben estar empadronadas no concello do Carballiño.