A concellería de Medio Ambiente promove novas charlas sobre a compostaxe doméstica. Esta campaña diríxese sobre todo ás asociacións de veciños como dinamizadoras do medio rural, xa que é neste entorno onde resulta máis factible realizar a compostaxe.
As persoas que estean interesadas deben inscribirse no concello do Carballiño (2º andar) ata o 18 de setembro. Estas persoas recibirán un composteiro e terán un seguimento no proceso de elaboración do compost.