O concello do Carballiño abre o periodo do cobro voluntario do imposto de vehículos de tracción mecánica (IVTM) do 1 de febreiro ao 3 de abril. Neste exercicio do 2017 están obrigados a realizar este pagamento 10.865 vehículos, que xerarán uns ingresos ao concello de algo máis de medio millón de euros (563.632,69 euros). Ao mesmo tempo, estarán exentos de abonar este imposto 567 vehículos, na súa maioría de uso agrícola (224) e por minusvalía (279). O pagamento poderá realizarse en calquera sucursal de Abanca e Banco Santander.