O venres día 15 de novembro o Cine Club Carballiño proxecta a comedia francesa Lola y sus hermanos, do director Jen-Paul Rouve. Entre os protagonistas desta película figura o actor José García, fillo de emigrantes carballiñeses.
Os pases serán coma sempre ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS, no Auditorio Manuel María do Carballiño.
SENONPSE
Lola ten dous irmáns: Benoit, que vai casar por terceira vez, e Pierre, que chega tarde á voda. Escusas, reproches, liortas, rifas… cada un vive a súa vida a súa maneira. Posteriormente, Benoit vai ser pai sen estar preparado, Lola ven de coñecer a Zoher mentres remata os trámites do divorcio, e no tocante a Pierre, os seus problemas profesionais complícanse. Todo semella afastar a estes tres irmáns, aínda que en realidade son inseparables.
FICHA
Dirección: Jean-Paul Rouve
Guión: David Foenkinos, Jean-Paul Rouve
Produción: Cédric Iland, Nadia Khamlichi, Adrian Politowski
Dirección de Fotografía: Christophe Offenstein
Dirección de Produción: Laurent Otto
Montaxe: Jean-Christophe Bouzy
TECNICA
Título orixinal: Lola et ses frères
Duración: 105’
Ano: 2018
País: Francia
Idioma: 20:00 Español 22:30 V.O.S
FICHA ARTÍSTICA
Ludivine Sagnier, José García, Jean-Paul Rouve, Ramzy Bedia, Pauline Clément
O director, Jean-Paul Rouve (1967, Dunquerque, Francia)
Actor, guionista e director francés, comezou facendo teatro na súa xuventude. Tras estudar Ciencias da Información, queda en París facendo pequenos traballos ata que lle chega a súa oportunidade coa serie de TV Julie Lescaut (1993-1999). Durante esa época, alterna o seu traballo na televisión co teatro. A partires dos anos 2000 comeza a ser máis asiduo na pantalla grande, participando en palículas coma Podium (2004), Largo domingo de noviazgo (2004), Bunker Paradise (2005), Nos jours hereux (2006) ou La vida en rosa (2007). Sen deixar a súa carreira actoral, da o salto á dirección en 2008 con Sans arme, ni haine, ni violence. Non se prodiga demasiado tras a cámara, dirixindo unicamente dúas películas máis antes de Lola y sus hermanos: Quand je serai petit (2012) e Los recuerdos (2014), sendo o guionista de todas elas, e tamén participando coma actor.