O alcalde publica un bando para reducir o consumo de auga potable. No mesmo fai saber que: Ante a alerta hidrolóxica existente na cunca hidrográfica do Miño-Sil, que se atopa en estado de emerxencia dende o pasado mes de abril, e vendo que a situación non ten previsto mellorar, se minimice por parte da poboación o consumo de auga potable destinada a regar os xardíns ou cultivos, e se restrinxa o enchido de piscinas e lavados de coches con auga potable.