• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello
Turismo
Festa do Pulpo

O ARENTEIRO EN COLABORACIÓN CO CONCELLO PROMOVE A I FESTA DOS CALLOS COMO UN EVENTO DE APOIO AO CLUB E DINAMIZACIÓN TURÍSTICA

9 Febreiro, 2017

O ARENTEIRO EN COLABORACIÓN CO CONCELLO PROMOVE A I FESTA DOS CALLOS COMO UN EVENTO DE APOIO AO CLUB E DINAMIZACIÓN TURÍSTICA

A I Festa dos Callos, que organiza C.D. Arenteiro, en colaboración co concello do Carballiño, nace cunha dobre intencionalidade: por unha parte para acadar fondos para o club e por outra como un evento de dinamización turística.

Así o expresaron esta mañá o concelleiro de Deportes e Turismo, José Manuel Dacal, e o directivo do club Manuel Sotelo, durante o acto de presentación. De feito, a intención é que se poida repetir o próximo ano e nos seguintes para poder institucionalizala.

Dacal asegurou que era unha boa iniciativa, xa que o club precisa o apoio dos carballiñeses para poder sacar adiante ao equipo e a escola de fútbol, e poder conseguir o tan ansiado ascenso. Ademais, dixo que era un evento gastronómico que pode suscitar o interese de veciños e visitantes e que pode ser un revulsivo máis para dinamizar a vila durante este domingo.

No mesmo sentido se pronunciou Sotelo, que animou aos carballiñeses a achegarse ata a carpa instalada na Pista Vermella da Praza do Emigrante para degustar os callos e outros productos gastronómicos, como empanada, pulpo e churrasco. Asemade, dixo que ía haber un xogo inchable para os máis cativos e un ambiente auténticamente festivo. Tamén sinalou que os socios do club terán 1 euro de desconto na ración de callos, que se venderá ao prezo de 6 euros. As de pulpo e churrasco costarán 8 euros, e a de empanada 2,50 euros.

A carpa estará aberta este domingo, 12 de febreiro, dende as 10 da mañá ata as 10 da noite.

 

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos