• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

O CARBALLIÑO CONSOLÍDASE COMO O SEGUNDO MUNICIPIO MÁIS POBOADO DA PROVINCIA AO ACADAR UN PADRÓN DE 14.089 HABITANTES, SUPERANDO O DO PASADO ANO

18 Maio, 2020

O CARBALLIÑO CONSOLÍDASE COMO O SEGUNDO MUNICIPIO MÁIS POBOADO DA PROVINCIA AO ACADAR UN PADRÓN DE 14.089 HABITANTES, SUPERANDO O DO PASADO ANO

O Carballiño consolida a segunda plaza como municipio máis poboado da provincia, tras acadar un padrón a 1 de xaneiro de 2020 de 14.089 habitantes, 62 habitantes máis que os que figuraron no padrón do ano anterior.

O dato foi comunicado polo Instituto Nacional de Estadística, e ten carácter provisional, pois ainda queda por abrirse o periodo de alegacións, no que o servizo do padrón do concello do Carballiño agarda incrementar o número de personas empadronadas.

Dase a circunstancia de que, según os datos de Estadística, o municipio carballiñés é o único que conseguiu incrementar a poboación neste último ano, superando ampliamente a outros municipios, como Verín, que hai dous anos ocupaba o segundo posto provincial, e que agora ten 13.647 persoas empadronadas, ou O Barco, cuxo padrón é de 13.431 habitantes.

Diversas circunstancias contribúen a este crecemento. Entre elas, están a chegada de inmigrantes, sobre todo procedentes de Venezuela, ou a puxanza do sector industrial do Polígono da Uceira e o parque empresarial, sobre todo no relativo á oferta de emprego de  grandes empresas, como son GRI Towers e DIZMAR, e a outras medianas e pequenas empresas instaladas na zona industrial.

Pero tamén contribuiu a este incremento poboacional o traspaso de habitantes de concellos lindeiros da comarca, debido á oferta educativa, ao comercio e á hostalería locais, así como aos servizos municipais cos que conta o concello, como son as escolas deportivas, o  conservatorio e a escola de música, entre outros.

Tamén adquiren relevancia os programas de formación encamiñados a mellorar a empregabilidade das persoas desocupadas.

Son un conxunto de factores, ademáis dos nacementos, que axudan a consolidar este período de claro crecemento da poboación do municipio do Carballiño. Un período que comezou o pasado ano, onde se acadou un padrón de 14.027 habitantes, e que continúa este, con 14.089 habitantes, tras varios anos de caída. Unha tenencia positiva que contrasta  coa tendencia negativa anterior e a que amosan o resto dos municipios máis importantes da provincia.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos