O Centro Comercial Aberto premia con dous circuitos termais no novo Balneario Caldas de Partovia, e un tratamento de relax na Parafarmacia O Buxo, as compras que se realicen nos establecementos asociados con motivo do Día da Nai. Esta campaña comezou o 1 de maio e finalizará o día 7. O sorteo celebrase ás 9 da noite do luns, 8 de maio. As papeletas cubertas, que se entregarán nos comercios asociados ao CCA, depositaranse nunha urna que se atopa na rúa do Paseo, fronte a Trebellos.
A campaña, que presentaron este mediodía o presidente e a xerente do CCA, Julián Garriga e Noelia Mares, respectivamente, leva por lema: Mamá Raíña por un día!