Por terceiro ano consecutivo, o Centro de Estudios Chamoso Lamas organiza en colaboración co concello do Carballiño e dentro da programación cultural da Festa do Pulpo, unha andaina nocturna aos petroglifos de Cangues, en Madarnás. Estará guiada polos arqueólogos desta entidade e partirá do local social de Madarnás ás 22,00 h., estando previsto o encontro para as 21,30 h., deste venres 28 de xullo.
Para participar non é preciso realizar ningunha inscrición previa, pero recoméndase acudir con lanterna, calzado cómodo e roupa de abrigo. O percorrido de ida e volta é duns 6 kilómetros, aproximadamente.