Adolescentes e namorados. Manuela e Olmo prometeron volverse a atopar no futuro 15 anos despois. Teñen a oportunidade de revivir eses momentos. Baixo o ceo dunha noite de inverno en Madrid, recordan ese sentimento e a paixón xorde de novo entre os dous ex-amantes. Ambos cambiaron co paso do tempo, así que o seu actual romance supón toda unha nova experiencia
A película está dirixida por Jonás Trueba, e proxectarase no auditorio municipal en dobre sesión ás 20,00 e 22,30 h.