O Cine Club Carballiño proxecta este venres no auditorio a película “Animales nocturnos”, gran premio do xurado no Festival de cine de Venecia do pasado ano. As sesións terán lugar ás 20,00 e 22,30 h., esta última en V.O.S.
Sinopse
Tras abandonar ao seu primeiro marido, un escritor inédito, Susan Morrow vive agora cun médico. De súpeto, recibe un paquete que contén a primeira novela do seu ex, quen lle pide que a lea, pos ela sempre foi a súa mellor crítica. Susan faino, e a medida que se somerxe na narración vese atrapada de tal maneira que se decata de que á súa vida lle falta algo, e comeza a revivir o seu pasado e cuestionarse o futuro.
Duración: 115 minutos
Ano: 2017
País: Estados Unidos
Ficha técnica
Director: Tom Ford
Produción: Tom Ford, Robert Salerno
Montaxe: Joan Sobel
Música: Abel Korzeniowski
Guión: Tom Ford
Baseado en Novela: de Austin Wright
Reparto: Amy Adams, Jake Gyllenhaal, Aaron Taylor-Johnson, Michael Shannon, Arnie Hammer, Isla Fischer, Michael Sheen e Laura Linney
Premios
- Globos de Oro 2016: Mellor Actor Secundario (Aaron Taylor-Johnson)
- Festival de Venecia 2016: Gran Premio do Xurado
- Premios David di Doantello 2016: Mellor Película Estranxeira