O Cine Club Carballiño comunica que deSpois de diversas deliberacións e dúbidas decidiu retrasar ata setembro as proxeccións habituais dos venres no Auditorio Municipal Manuel María. A última proxección foi o día 6 de marzo, e a partir desa data xa non se proxectou máis. “Cremos que o máis prudente de momento é esperar a que se normalice toda a situación sanitaria, desexando que en setembro poidamos voltar ao noso traballo habitual. Estamos preparando a nosa volta para primeiros de setembro, tan pronto o Auditorio estea libre e en condicións axeitadas de seguridade”, según din nun comunicado..
En canto ao verán, anuncian que farán un ano máis “Flores de Cine, no mes de xullo, en datas que estamos a concretar xa que dado que vai haber varias sesións de cine ao aire libre a cargo do Concello ímonos coordinar con eles para que as nosas ofertas sexan complementarias. Cando teñamos pechadas datas e películas mandarémosvos máis información”, según informan.
Por último, como medida de axuda e solidariedade cos máis de 50 socios colaboradores que nos apoian economicamente cada ano, independentemente de como se viran afectados polo Covid-19, decidimos AGASALLAR a cota de 30€/ano a ditos socios da vindeira tempada 2020-2021 mantendo a publicidade que facemos nas fichas dos filmes.