• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

O CONCELLO ACOMETERÁ A REFORMA DA RÚA OTERO PEDRAYO TRAS CONFIRMARSE UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN

21 Abril, 2017

O CONCELLO ACOMETERÁ A REFORMA DA RÚA OTERO PEDRAYO TRAS CONFIRMARSE UNHA SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN

O concello acometerá o proxecto de remodelación da rúa Otero Pedrayo, tras recibir a confirmación por parte da Deputación Provincial dunha subvención de 100.000 euros.

O proxecto, cuxo custo total é de arredor de  120.000 euros, consiste nun novo pavimento, con asfaltado en quente; un tramo de abastecemento de conexión entre a Avenida 25 de Xullo e a rúa Xosé Fariña Jamardo, e unha mellora no saneamento, co obxectivo de resolver un problema de anegamento que hai no cruce da rúa Otero Pedrayo coa Avenida 25 de Xullo; e, finalmente, o redeseño das prazas de aparcamento, que serán en batería e se incrementarán en 60 novas prazas. Isto será posible ao establecerse nesta rúa a dirección única.

Debido a numerosas intervencións na calzada desta rúa pola execución de zanxas para a instalación de infraestruturas, presenta zonas moi deterioradas, polo que é preciso regularizar o asfalto. Así mesmo, hai un tramo que non ten beirarrúa e hai que construila. E con respecto ao problema de anegamento requísense varias medidas: recuperación do pozo de bombeo existente, adaptación da arqueta do verquido existente e prolongación, recollida de verquidos de augas fecais e construcción dun by-pass entre a tubería de evacuación de augas pluviais e a rede existente, na confluencia de Otero Pedrayo e Celso Emilio Ferreiro. E, finalmente, o deseño das prazas de aparcamento, pasos peatonais, flechas de indicación, etc.

Con este proxecto, ademáis de mellorar esta rúa e resolver os problemas que ten actualmente, amplíanse as prazas de aparcamento e regúlase mellor o tráfico, aumentando a seguridade vial e peonil.

Tras esta remodelación, xunto cos proxectos levados a cabo anteriormente noutras rúas desta zona, teranse incrementado en máis dun centenar o número de novas prazas de aparcamento.

Unha vez que se proceda á contratación destas obras, o prazo de execución está previsto en tres meses.

E isto será posible gracias á subvención de 100.000 euros concedida pola Deputación Provincial de Ourense, que acaba de ser comunicada. Dende o concello do Carballiño agradécese unha vez máis a colaboración do organismo provincial e da súa presidencia cos proxectos remitidos dende a Alcaldía, que redundan en beneficio da cidadanía e que doutra forma non se poderían levar a cabo polo seu elevado custo.

 

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos