• Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Concello do Carballiño
  • GalegoGalego
    • EspañolEspañol
    • GalegoGalego
  • Contáctanos
  • Informe de privacidade
Concello do Carballiño
  • Comezo
  • O Concello
    • Alcaldía
    • Benestar Social, Igualdade, Sanidade, Educación e Normalización Lingüística
    • Cultura, Participación Cidada, Suxerencias e Reclamacións, Xuventude e Voluntariado
    • Deportes e Comercio
    • Economía, Facenda, Orzamentos, Contratación Administrativa e Urbanismo
    • Industria, Emprego e Dinamización Turística
    • Medio Ambiente, Participación Cidadá, Suxestións e Reclamaciones
    • Medio Rural e Servizos Públicos
    • Obras
    • Persoal, Seguridade, Protección Civil, Movilidad e Réxime Interior
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
    • Licitacións Alcaldía en contrataciondelestado.es
    • Licitacións XGL en contrataciondelestado.es
    • Licitacións Pleno en contrataciondelestado.es
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
Home
Concello

O CONCELLO ACONDICIONA O CAMIÑO NATURAL DOS ARRIEIROS DENTRO DUN PLAN DE COLABORACIÓN SOCIAL CO INEM PARA MELLORAR O RURAL

22 Maio, 2017

O CONCELLO ACONDICIONA O CAMIÑO NATURAL DOS ARRIEIROS DENTRO DUN PLAN DE COLABORACIÓN SOCIAL CO INEM PARA MELLORAR O RURAL

A concellería de Medio Rural que dirixe Rosario González, conxuntamente coas de Promoción Económica que dirixe Adolfo Nogueira,  promoveu, en colaboración co Inem, un plan de acondicionamento do Camiño dos Arrieiros. O obxectivo é aproveitar as axudas en colaboraclión social para mellorar o patrimonio natural e etnográfico das aldeas e parroquias.

Concretamente, este plan permitiu contratar a cinco persoas, entre as que hai un canteiro, albaneis e peóns forestais, cuxo labor será limpar e acondicionar os case 15 km de recorrido que ten esta ruta de senderismo, entre Fonteantiga e Mesego, incluidos diversos subtramos. O contrato é por catro meses, polo que dende maio ata setembro estes traballadores centraranse en acondicionar este camiño, que discorre por diversos tramos de río, cruzando pontes e lugares de interese natural e etnográfico.

O Camiño Natural dos Arrieiros, que foi inaugurado en febreiro do ano 2009 pola entón ministra de Medio Ambiente, Elena Espinosa, é un vial tradicional utilizado polos veciños de Banga, Mesego, Partovia, Sagra e O Barón, pero que tamén era a ruta usada no seu día polos transportistas que levaban viño producido nas fincas dos mosteiros cistercienses e outros productos da zona do Ribeiro hacia a capital compostelá ou as Rías Baixas. O camiño consta dun bucle principal de nove quilómetros que une Mesego e Fonteantiga, e seis ramais que parten de Mesego a Porto de Eguas, de Partovia ata As Caldas pasando por Refoxo, e desde Arenteiro, Fraga e O Penedo.

Este Plan realízase conxuntamente con outro para mellorar as fontes, lavadoiros e tanques das aldeas e parroquias, que tamén comezou a pasada semana con catro traballadores (tres albaneis e un peón forestal), que foron contratados a través dun programa de colaboración social co Inem por un período de tres meses.

Facebook Twitter Google+ LinkedIn Pinterest WhatsApp

Relacionadas

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022 Concello
30 Abril, 2022

Teatro infantil "Carabela" o 07/05/2022

Samaín do CIM Concello
29 Outubro, 2021

Samaín do CIM

Concello

Escola Municipal de Danza e Teatro

A Escola Municipal de Danza e de Teatro do Carballiño volve no mes de novembro O día 1 de novembro volve...
  • Comezo
  • O Concello
  • Sede electrónica
  • Perfil do Contratante
  • Turismo
  • Transparencia
  • Taboleiro de anuncios
  • Back to top
© Concello do Carballiño Todos os dereitos reservados. - Protección de datos