A concellería de Benestar Social, Sanidade e Igualdade convoca para esta xoves, 8 de marzo, Día Internacional da Muller, un acto institucional no concello e unha concentración posterior na Praza Maior a prol da igualdade.
O acto comezará ás 12,00 h., e desenvolverase no salón de plenos do concello. No mesmo participarán a totalidade dos centros educativos do Carballiño e entidades como Cruz Vermella, Aspadisi, Asdifica e Asociacións de Mulleres. Tamén se lerá un manifestO, entregaranse os premios do VII Concurso Fotográfico “Unha mirada de xénero: a muller na súa loita” e actuará o dúo carballiñés Canela Cafuné.
Ao termo do acto, arredor das 13,00 h., terá lugar unha concentración na Praza Maior a prol da igualdade, e lerase outro manifesto por unha representante da mocidade do Carballiño.
Para ambas convocatorias convídase a participar a todas as veciñas e veciños que o desexen.