O concello do Carballiño sae do Plan de Axuste. Así o aseguoru esta mañá o alcalde, Francisco Fumega, en rolda de prensa. Fumega dixo que, tras cinco anos de estar inmersos neste Plan, e en menos de dous anos desta lexislatura, o traballo, as prioridades e a boa xestión diron como resultado saír do Plan de Axuste no primeiro trimestre deste ano 2017. Ao respecto recordou a promesa realizada ao comezo da lexislatura cando se propuso traballar para poder saír do Plan de Axuste no primeiro semestre do 2017, cumprindo polo tanto este desexo.
O Plan de Axuste aprobouse no ano 2012 co obxectivo de poder subscribir unha operación de crédito para facer fronte aos pagos dos proveedores, e beséase en tres pilares:
- A estabilidade orzamentaria, axustando os gastos correntes aos ingresos.
- Cumprimento da regra de gasto, pola que o orzamento municipal só pode incrementarse nunha porcentaxe que se calcula aplicando un coeficiente ao orzamento do exercizo anterior.
- Período medio de pago.
Pois ben, según dixo o alcalde, estes tres parámetros cumpríronse oficialmente no primeiro trimestre deste ano, e así o asinou a interventora. Neste documento figura que o período medio de pago é de 19 días, “un hito histórico no concello do Carballiño”, según engadiu o alcalde.
No último trimestre do 2016, o concello realizou pagos por valor de 3 millóns de euros. Entre estes pagos figuran as débedas históricas con Viaqua e Fenosa, entre outras.
Neste momento a débeda do concello é do 26%, unha cifra moi baixa, según dixo o alcalde, xa que se se quixera podería acadar ata un límite do 110% do orzamento. Non obstante, asegurou que se ía continuar coa mesma política de contención do gasto e de máxima rendibilidade dos ingresos.
Ao respecto engadiu que co superávit do pasado ano (algo máis dun millón de euros), íase destinar unha cantidade –arredor de 300.000 euros- para axilizar a execución de proxectos pendentes como o cambio da iluminación pública con LED, que supón un gran aforro enerxético e económico, ou a reparación de rúas que levan anos sen mantemento e precisan melloras, sobre todo no asfaltado.
Por outra parte tamén se referiu Francisco Fumega ao marxe de revisión de determiñadas taxas, como as relativas ao Conservatorio, á Escola Municipal de Música, á Escola de Artes Escénicas e ás Escolas Municipais Deportivas, que tiñan que subir obligatoriamente cada ano por mor do Plan de Axuste, e que agora, ainda que quizá non se poidan baixar porque habería que ver a viabilidade de cada servizo, sí se poden conxelar. De feito, o alcalde anunciou que poderían quedar case todas conxeladas.
En definitiva, Francisco Fumega amosouse satisfeito por este resultado, dicindo que “é pois unha gran noticia que amosa, en primeiro lugar, a boa xestión que estamos realizando no concello; en segundo lugar, vainos permitir ter unha maior capacidade de maniobra con respecto ás taxas de determinados servizos que estaba suxeitos ás especificacións deste Plan, e en terceiro lugar, incrementa o marxe de confianza na xestión municipal”.